O alumnado de Historia do IES Gregorio Fernández entrevistou a 70 mulleres da contorna de Sarria nacidas entre 1930 e 1960, no marco dunha indagación sobre a discriminación de xénero na Idade Contemporánea, vinculada ás actividades do Plan Proxecta+ “Donas de si”.
En
función das súas diversas idades, estas mulleres viviron un período histórico
de importantes transformacións a respecto das desigualdades entre os xéneros,
tanto desde o punto de vista do ordenamento xurídico como das mentalidades ou
das prácticas sociais.
A
este respecto, no caso das mulleres nacidas entre 1930 e 1940 partimos da dura
posguerra no contexto da ditadura franquista, coa reinstauración, entre outras
cousas, da tutela dos esposos sobre as súas cónxuxes ou da educación segregada
por sexos.
Pola súa parte, tamén viviron estas mulleres as importantes transformación
na condición feminina a partir da Transición, ao compás das accións sociais ou
protestas levadas a cabo polo movemento feminista (que entendemos como o
conxunto de teorías e accións orientadas á eliminación da discriminación de
xénero en diversos ámbitos ou espazos).
Desde o punto de vista dos resultados das enquisas, nas seguintes liñas
analizaremos as respostas a algunhas das preguntas máis significativas,
valorándoas tanto en conxunto (totalidade das mulleres) como por franxas de
idade fixadas en relación á súa década de nacemento: 1930-1940, 1940-1950 e
1950-1960.
En primeiro lugar, no caso da posible discriminación durante a súa vida
laboral, observamos nas seguintes táboas que a maioría das mulleres considera
que en igualdade de condicións laborais os homes tiñan un salario máis elevado que as traballadoras (68%),
porcentaxe que se reduce no caso das nacidas entre 1950-1960 até o 51%:
|
Pregunta: Pensa que en igualdade de condicións de
traballo os homes cobraban máis que as mulleres? Porcentaxe relativa ao total
das mulleres enquisadas. |
||
|
Si |
Non |
Dubida |
|
68% |
25% |
7% |
|
Pregunta: Pensa que en igualdade de condicións de
traballo os homes cobraban máis que as mulleres? Porcentaxe en función do ano
de nacemento. |
|||
|
Período de nacemento |
Si |
Non |
Dubida |
|
1930-1940 |
81% |
14% |
5% |
|
1940-1950 |
71% |
21% |
8% |
|
1950-1960 |
51% |
41% |
8% |
Pola
súa parte, tendo presente que segundo os roles tradicionais de xénero as
tarefas vinculadas ao fogar son atribuídas ás mulleres (implicando unha
importante carga temporal para estas), un 32% das enquisadas afirma que os seus
esposos participarían nestas labores, elevándose até o 38% no caso das nacidas entre 1950-1960:
|
Pregunta: O seu esposo
participa nas labores do fogar? Porcentaxe relativa ao total de mulleres
enquisadas. |
|
|
Si |
Non |
|
32% |
68% |
|
Pregunta: O seu marido participa nas
labores do fogar? Porcentaxe en función do ano de nacemento. |
||
|
Período de nacemento |
Si |
Non |
|
1930-1940 |
28% |
72% |
|
1940-1950 |
33% |
67% |
|
1950-1960 |
38% |
62% |
Así
mesmo, indagouse sobre a percepción que tiñan estas mulleres en relación ás
diferenzas entre os sexos no tocante á educación. Este foi o caso dos
interrogantes a respecto das posibilidades para realizar estudos superiores ou
unha carreira universitaria, considerando un 59% das enquisadas que eran máis elevadas no caso
dos varóns:
|
Pregunta: Cree que os varóns tiñan máis posibilidade de
realizar estudos superiores ou unha carreira universitaria? Porcentaxe relativa
ao total de mulleres enquisadas. |
||
|
Si |
Non |
Dubida |
|
59% |
29% |
12% |
|
Pregunta: Cree que os varóns tiñan máis posibilidade de
realizar estudos superiores ou unha carreira universitaria? Porcentaxe en
función do ano de nacemento. |
|||
|
Período de nacemento |
Si |
Non |
Dubida |
|
1930-1940 |
62% |
24% |
14% |
|
1940-1950 |
70% |
26% |
4% |
|
1950-1960 |
44% |
37% |
19% |
Finalmente,
é salientable que un 55% das enquisadas se define como “feminista” e que a
porcentaxe de mulleres que participaron algunha vez nalgunha actividade en
defensa dos dereitos das mulleres é dun 9%:
|
Pregunta: Defínese
como feminista? Porcentaxe relativa ao total de mulleres enquisadas. |
|
|
Si |
Non |
|
55% |
45% |
|
Pregunta: Defínese como feminista? Porcentaxe
en función do ano de nacemento.
|
||
|
Período de nacemento |
Si |
Non |
|
1930-1940 |
66% |
34% |
|
1940-1950 |
58% |
42% |
|
1950-1960 |
62% |
38% |
|
Pregunta: Participou algunha
vez nalgunha manifestación ou mitin no que se defendesen os dereitos das
mulleres? Porcentaxe relativa ao total de mulleres enquisadas.
|
|
|
Si |
Non |
|
9% |
91% |
|
Pregunta: Participou algunha vez nalgunha manifestación
ou mitin no que se defendesen os dereitos das mulleres? Porcentaxe en función
do ano de nacemento. |
||
|
Período de nacemento |
Si |
Non |
|
1930-1940 |
- |
100% |
|
1940-1950 |
9% |
91% |
|
1950-1960 |
16% |
84% |

Ningún comentario:
Publicar un comentario