martes, 11 de outubro de 2022

O 11 de outubro é o Día Internacional da Nena

 


Todos os nenos e nenas do mundo deberían de ter o dereito a selo, a vivir esa felicidade pura que só emana da inocencia e á que tantas veces recurrimos os/as adultos para poder sanar as tristezas que trae o paso do tempo.

As nenas son aínda máis vulnerables e en numerosos países do mundo están en risco de ser explotadas ou vexadas, sen contar con recursos para poder defenderse. A loita contra esta inxustiza debe de estar sempre presente na nosa sociedade, nas nosas mans está o seu combate! 


xoves, 6 de outubro de 2022

O 7 de outubro é o día mundial do sorriso

 

No século XVIII a Ilustración proclamaba o dereito das persoas a alcanzar a felicidade. Esta afirmación, malia deixar fóra ás mulleres, tería unha gran transcendencia, pois contradicía aos principios tradicionais baixo os cales o sufrimento, a abnegación e o sacrificio eran valores que achegaban aos individuos ao paraíso alén da vida (e que só se aplicaba para as clases baixas e a metade feminina da sociedade).

En todo caso, sorrir vai máis aló dun simple xesto ou de ser a expresión da alegría,  é unha combinación de física e química que nos empuxa a seguir cara adiante, a non rendernos ante a adversidades, a loitar por unha sociedade máis igualitaria.

Pon un sorriso na túa boca!


luns, 3 de outubro de 2022

O 2 de outubro conmemórase o Día Internacional da Non Violencia


Entre as agresións físicas ou psíquicas que se producen entre os seres humanos está a violencia de xénero. Esta fai referencia ás actuacións violentas contra as mulleres promovidas pola cultura patriarcal aínda existente na nosa sociedade, que supón un atentado tanto contra a integridade física ou moral das persoas como contra o dereito á igualdade entre os sexos.

Desde o IES Gregorio Fernández estamos comprometidos coa loita contra esta lacra, que cada ano deixa numerosas vítimas tanto en Galicia como noutras partes do mundo. A educación é un piar esencial na construción dun mundo sen violencia de xénero!

 

sábado, 1 de outubro de 2022

O 1 de outubro conmemoramos a aprobación do dereito ao voto das mulleres

Se ben xa na Constitución de 1812 aparece recollido o sufraxio universal masculino (indirecto), até o 1 de outubro de 1931 (durante a II República) as mulleres non viron recoñecido o seu dereito ao voto en España.

Entre as causas desta transcendental mudanza lexislativa estaría a actuación de todas esas voces e accións que loitaron contra a discriminación política das mulleres, entre as que estarían figuras como María Espinosa, Clara Campoamor ou Elisa Soriano.

En Galicia sería pioneira a defensa do dereito ao voto das mulleres do catedrático da USC Salvador Parga Torreiro, no discurso que inauguraba o curso 1870-1871 da Universidade de Santiago. Así mesmo, as Irmandades Femininas (creadas na Coruña en 1919 como parte dos colectivos galeguistas), recolleron entre os seus obxectivos a reivindicación do sufraxio feminino.

Bibliografía recomendada:

Freire Lestón, Xosé Vicenzo. Lembranzas dun mundo esquecidoMuller, política e sociedade na Galicia Contemporánea 1900-1936. Santiago: Laiovento, 1993.

Marco, Aurora. Irmandiñas. Santiago: Edicións Laiovento, 2021.

Mayobre Rodríguez, Purificación e De Jesús Rodríguez, María Elena. Xénero e política. Santiago: Tórculo, 1997.




                                                              La Integridad, 8-10-1920

                                                   La Correspondencia Gallega, 21-7-1908

                                                                  A Nosa Terra, 25-1-1920






Os versos dalgúns dos nosos escritores e escritoras escóitanse en voz alta na celebración do Día da Poesía.

O pasado mércores 18 de marzo celebramos o Día da Poesía, que en Sarria está dedicado ao noso querido compañeiro Eduardo Rey. Todos os centr...