O alumnado da Formación Profesional Básica asistiu a unha charla-coloquio sobre
a trata de mulleres en España impartida pola asociación Aliad Ultreia, no marco
das actividades levadas a cavo no Plan Proxecta+ “Por 365 días de respecto e
igualdade”. Nesta charla abordouse desde distintos puntos de vista a
problemática da explotación sexual e os novos mecanismos de captación de mulleres
que empregan na actualidade as redes dedicadas ao tráfico de persoas.




