luns, 25 de abril de 2022

Estudo sobre a discriminación de xénero na comarca de Sarria

 


O alumnado de Historia do IES Gregorio Fernández entrevistou a 70 mulleres da contorna de Sarria nacidas entre 1930 e 1960, no marco dunha indagación sobre a discriminación de xénero na Idade Contemporánea, vinculada ás actividades do Plan Proxecta+ “Donas de si”.

En función das súas diversas idades, estas mulleres viviron un período histórico de importantes transformacións a respecto das desigualdades entre os xéneros, tanto desde o punto de vista do ordenamento xurídico como das mentalidades ou das prácticas sociais.

A este respecto, no caso das mulleres nacidas entre 1930 e 1940 partimos da dura posguerra no contexto da ditadura franquista, coa reinstauración, entre outras cousas, da tutela dos esposos sobre as súas cónxuxes ou da educación segregada por sexos.

Pola súa parte, tamén viviron estas mulleres as importantes transformación na condición feminina a partir da Transición, ao compás das accións sociais ou protestas levadas a cabo polo movemento feminista (que entendemos como o conxunto de teorías e accións orientadas á eliminación da discriminación de xénero en diversos ámbitos ou espazos).

Desde o punto de vista dos resultados das enquisas, nas seguintes liñas analizaremos as respostas a algunhas das preguntas máis significativas, valorándoas tanto en conxunto (totalidade das mulleres) como por franxas de idade fixadas en relación á súa década de nacemento: 1930-1940, 1940-1950 e 1950-1960.

En primeiro lugar, no caso da posible discriminación durante a súa vida laboral, observamos nas seguintes táboas que a maioría das mulleres considera que en igualdade de condicións laborais os homes tiñan un salario máis elevado que as traballadoras (68%), porcentaxe que se reduce no caso das nacidas entre 1950-1960 até o 51%:

Pregunta: Pensa que en igualdade de condicións de traballo os homes cobraban máis que as mulleres? Porcentaxe relativa ao total das mulleres enquisadas.

 

Si

Non

Dubida

68%

25%

7%

 

Pregunta: Pensa que en igualdade de condicións de traballo os homes cobraban máis que as mulleres? Porcentaxe en función do ano de nacemento.

 

Período de nacemento

Si

Non

Dubida

1930-1940

81%

14%

5%

1940-1950

71%

21%

8%

1950-1960

51%

41%

8%

 

Pola súa parte, tendo presente que segundo os roles tradicionais de xénero as tarefas vinculadas ao fogar son atribuídas ás mulleres (implicando unha importante carga temporal para estas), un 32% das enquisadas afirma que os seus esposos participarían nestas labores, elevándose até o 38% no caso das nacidas entre 1950-1960:

Pregunta: O seu esposo participa nas labores do fogar? Porcentaxe relativa ao total de mulleres enquisadas.

 

Si

Non

32%

68%

 

Pregunta: O seu marido participa nas labores do fogar? Porcentaxe en función do ano de nacemento.

Período de nacemento

Si

Non

1930-1940

28%

72%

1940-1950

33%

67%

1950-1960

38%

62%

 

Así mesmo, indagouse sobre a percepción que tiñan estas mulleres en relación ás diferenzas entre os sexos no tocante á educación. Este foi o caso dos interrogantes a respecto das posibilidades para realizar estudos superiores ou unha carreira universitaria, considerando un 59% das enquisadas que eran máis elevadas no caso dos varóns:

Pregunta: Cree que os varóns tiñan máis posibilidade de realizar estudos superiores ou unha carreira universitaria? Porcentaxe relativa ao total de mulleres enquisadas.

 

Si

Non

Dubida

59%

29%

12%

 

Pregunta: Cree que os varóns tiñan máis posibilidade de realizar estudos superiores ou unha carreira universitaria? Porcentaxe en función do ano de nacemento.

Período de nacemento

Si

Non

Dubida

1930-1940

62%

24%

14%

1940-1950

70%

26%

4%

1950-1960

44%

37%

19%

 

Finalmente, é salientable que un 55% das enquisadas se define como “feminista” e que a porcentaxe de mulleres que participaron algunha vez nalgunha actividade en defensa dos dereitos das mulleres é dun 9%:

Pregunta: Defínese como feminista? Porcentaxe relativa ao total de mulleres enquisadas.

 

Si

Non

55%

45%

  

Pregunta: Defínese como feminista? Porcentaxe en función do ano de nacemento.

 

Período de nacemento

Si

Non

1930-1940

66%

34%

1940-1950

58%

42%

1950-1960

62%

38%

 

Pregunta: Participou algunha vez nalgunha manifestación ou mitin no que se defendesen os dereitos das mulleres? Porcentaxe relativa ao total de mulleres enquisadas.

 

Si

Non

9%

91%

 

Pregunta: Participou algunha vez nalgunha manifestación ou mitin no que se defendesen os dereitos das mulleres? Porcentaxe en función do ano de nacemento.

Período de nacemento

Si

Non

1930-1940

-

100%

1940-1950

9%

91%

1950-1960

16%

84%

 

domingo, 17 de abril de 2022

Unidades didácticas incluídas no Plan Proxecta+” Donas de Si” (curso 2021-2022)


Feminismos. A historia cóntana as vencedoras

Unidade didáctica realizada por Montse Pena Presas sobre a obra Feminismos. A historia cóntana as vencedoras de Anna Figueirido (2020), editada pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia.

A través das súas actividades analízase e debátese acerca do lento camiño que percorreron os dereitos das mulleres e sobre as transformacións nas ideoloxías ou nas accións sociais dos diversos tipos de feminismo ao longo da historia: desde as “bases e pioneiras” do feminismo de primeira onda até a revolución de “mercar unha lavadora e queimar un suxeitador” da terceira onda feminista.



A escaleira desigual. A condesa rebelde 

Unidade Didáctica elaborada por Manuel Castelao e editada pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia.

Nas súas actividades, que parten do telefilme A Condesa rebelde (de Zara Ceballos e Puri Seixido), abórdanse diversos temas relativos á emancipación feminina nunha sociedade na que aínda estaban fortemente arraigados os estereotipos de xénero tradicionais.

 

 

Concepción Arenal. A visitadora de cárceres 

Unidade Didáctica elaborada por África B. López Souto (2014) a partir do filme do mesmo nome (dirixido por Laura Mañá e guionizado por Rafa Russo e Laura Mañá) e editada pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia.

Nela, abórdanse diversos aspectos relativos ao pensamento e actuación de Concepción Arenal: a importancia da mellora do nivel de instrución das mulleres e homes do século XIX, a dramática situación laboral feminina e a explotación obreira, ou a violencia física ou psicolóxica nas cárceres.

 


María Wonenburger: Unha científica adiantada ao seu tempo 

Unidade elaborada por María José Souto Salorio e Ana Dorotea Tarrío Tobar e editada pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia.

Este traballo contén unha serie de problemas matemáticos que están enmarcados en diversos episodios da traxectoria vital e académica de María Wonenburger.

Exposición “As primeiras Xornalistas”

 

Nesta exposición, que foi cedida pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e estivo instalada no hall do noso centro, faise un percorrido pola biografía e as principais contribucións ao mundo do xornalismo de doce destacadas mulleres da nosa historia: Sofía Pérez Casanova, Concha Castroviejo Blanco-Cicerón,  Emilia Pardo Bazán, Filomena Dato Muruais, María Luz Morales, Mercedes Vieito Bouza, Pura Vázquez Iglesias, Concepción Arenal, Clara Corral Aller, Virginia Felicia Auber, María Vinyals Ferrés e Avalina Valladares Núñez.

 




Entrevista a Dalila Dopazo Blanco, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Lugo

 

Os alumnos e alumnas de 4º da ESO entrevistaron en Radio Bolboreta á maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Lugo Dalila Dopazo Blanco, que respondeu a diversas preguntas relativas á lexislación sobre a violencia de xénero. 

Podes escoitar a entrevista enteira no seguinte enlace:

https://www.ivoox.com/non-mais-violencia-machista-audios-mp3_rf_78923857_1.html






Actividades no IES Gregorio Fernández arredor do día de Rosalía no curso 2021-2022

 

Desde a biblioteca “Fiz Vergara Vilariño” realizouse un photocall no que os alumnos e alumnas tiñan que completar un cartel con poemas ou escritos de Rosalía de Castro.

Así mesmo, dentro das actividades de promoción da lectura no centro, colocáronse nun stand do vestíbulo algunhas das obras desta escritora que están dispoñibles na biblioteca.



Que se conmemora o día de Rosalía?

 


Este día conmemórase o nacemento da escritora galega Rosalía de Castro (un 23 de febreiro segundo as investigacións de Sagrario Abelleira).

 Rosalía, rachou tanto coa súa produción literaria como coa súa propia vida cos estereotipos tradicionais de xénero, que condenaban ás mulleres á submisión á vontade dos varóns e ao confinamento no espazo doméstico.

Actividades no IES Gregorio Fernández arredor do 25 de novembro no curso 2021-2022

 

Os profesores e profesoras do IES Gregorio Fernández promoveron a realización de diversas actividades arredor da conmemoración do Día Internacional da Muller.

Entre elas, estivo a convocatoria dun concurso de carteis alusivos a esta data dirixido a todo o alumnado do centro, no que contamos cunha gran participación.

 








Tamén, foron colocados ao longo do centro diversos paneis alusivos á eliminación da violencia machista que os alumnos e alumnas foron completando con frases ou poemas de denuncia desta lacra:





Pola súa parte, o alumnado e o profesorado do centro participaron na recreación da palabra NON cos seus corpos.



Os versos dalgúns dos nosos escritores e escritoras escóitanse en voz alta na celebración do Día da Poesía.

O pasado mércores 18 de marzo celebramos o Día da Poesía, que en Sarria está dedicado ao noso querido compañeiro Eduardo Rey. Todos os centr...