venres, 12 de xuño de 2026

Matematizando a Historia: as barreiras infinitas impostas ás mulleres

 









No IES Gregorio Fernández inauguramos unha exposición sobre as barreiras infinitas impostas ás mulleres galegas ao longo do tempo (e sobre a discriminación de xénero que segue a existir na actualidade), titulada: “Matematizando a Historia”.

A través destes paneis, tentamos expresar en linguaxe matemática os importantes obstáculos cos que se atoparon as mulleres ao longo da historia. Ademais, presentamos parte dos resultados da investigación desenvolvida polo noso alumnado arredor das dificultades que aínda existen para conciliar a vida laboral e familiar, así como da percepción que teñen os traballadores e traballadoras sobre a equidade entre mulleres e homes nos seus respectivos ámbitos de traballo.

Matematizando a Historia: as barreiras infinitas impostas ás mulleres

  No IES Gregorio Fernández inauguramos unha exposición sobre as barreiras infinitas impostas ás mulleres galegas ao longo do tempo (e sobre...