No IES Gregorio Fernández inauguramos unha exposición sobre as barreiras infinitas
impostas ás mulleres galegas ao longo do tempo (e sobre a discriminación de
xénero que segue a existir na actualidade), titulada: “Matematizando a Historia”.
A través destes paneis, tentamos expresar en linguaxe matemática os
importantes obstáculos cos que se atoparon as mulleres ao longo da historia.
Ademais, presentamos parte dos resultados da investigación desenvolvida polo
noso alumnado arredor das dificultades que aínda existen para conciliar a vida
laboral e familiar, así como da percepción que teñen os traballadores e
traballadoras sobre a equidade entre mulleres e homes nos seus respectivos
ámbitos de traballo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario