venres, 3 de febreiro de 2023
sábado, 26 de novembro de 2022
Entrevista en Radio Bolboreta sobre a violencia de xénero
Escoita no seguinte enlace a entrevista a tres xuíces e xuízas galegos con
motivo da celebración do Día Internacional Contra a Violencia de Xénero: Dalila Dopazo Blanco (maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Lugo)
Sandra Piñeiro Vilas (maxistrada do Xulgado de Instrución número 2 de Lugo) e Luís
Villares (maxistrado na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior
de Xustiza de Galicia).
https://www.ivoox.com/entrevista-maxistrados-25n-audios-mp3_rf_96990682_1.html
luns, 21 de novembro de 2022
Charla sobre a violencia de xénero
Tres xuíces e xuízas galegos
impartiron unha charla sobre a violencia de xénero no IES Gregorio Fernández: Sandra
Piñeiro (Xulgado de Instrución número 2 de Lugo),
Dalila Dopazo (Xulgado do Social número 3 de Lugo) e Luis Villares (maxistrado
na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de
Galicia).
Esta charla titulouse:
“verdades e mentiras sobre a violencia de xénero”, e nela falouse da
lexislación actual relativa a esta lacra e sobre os bulos ou mentiras que ás
veces se escoitan sobre este problemática.
Moitas grazas aos tres
por poder desfrutar de un acto tan interesante!
martes, 11 de outubro de 2022
O 11 de outubro é o Día Internacional da Nena
Todos os nenos e nenas do mundo deberían de ter o dereito
a selo, a vivir esa felicidade pura que só emana da inocencia e á que tantas
veces recurrimos os/as adultos para poder sanar as tristezas que trae o paso do
tempo.
As nenas son aínda máis vulnerables e en numerosos países
do mundo están en risco de ser explotadas ou vexadas, sen contar con recursos
para poder defenderse. A loita contra esta inxustiza debe de estar sempre
presente na nosa sociedade, nas nosas mans está o seu combate!
xoves, 6 de outubro de 2022
O 7 de outubro é o día mundial do sorriso
No século XVIII a Ilustración
proclamaba o dereito das persoas a alcanzar a felicidade. Esta afirmación,
malia deixar fóra ás mulleres, tería unha gran transcendencia, pois contradicía
aos principios tradicionais baixo os cales o sufrimento, a abnegación e o sacrificio
eran valores que achegaban aos individuos ao paraíso alén da vida (e que só se aplicaba
para as clases baixas e a metade feminina da sociedade).
En todo caso, sorrir vai máis aló
dun simple xesto ou de ser a expresión da alegría, é unha combinación de
física e química que nos empuxa a seguir cara adiante, a non rendernos ante a
adversidades, a loitar por unha sociedade máis igualitaria.
Pon un sorriso na túa boca!
luns, 3 de outubro de 2022
O 2 de outubro conmemórase o Día Internacional da Non Violencia
Entre as agresións físicas ou psíquicas que se producen entre os seres
humanos está a violencia de xénero. Esta fai referencia ás actuacións violentas
contra as mulleres promovidas pola cultura patriarcal aínda existente na nosa
sociedade, que supón un atentado tanto contra a integridade física ou moral das
persoas como contra o dereito á igualdade entre os sexos.
Desde o IES Gregorio Fernández estamos comprometidos coa loita contra esta
lacra, que cada ano deixa numerosas vítimas tanto en Galicia como noutras
partes do mundo. A educación é un piar esencial na construción dun mundo sen
violencia de xénero!
sábado, 1 de outubro de 2022
O 1 de outubro conmemoramos a aprobación do dereito ao voto das mulleres
Se ben xa na Constitución de 1812 aparece recollido o sufraxio universal masculino (indirecto), até o 1 de outubro de 1931 (durante a II República) as mulleres non viron recoñecido o seu dereito ao voto en España.
Entre as causas desta transcendental mudanza lexislativa estaría a actuación de todas esas voces e accións que loitaron contra a discriminación política das mulleres, entre as que estarían figuras como María Espinosa, Clara Campoamor ou Elisa Soriano.
En Galicia sería pioneira a defensa do dereito ao voto das mulleres do catedrático da USC Salvador Parga Torreiro, no discurso que inauguraba o curso 1870-1871 da Universidade de Santiago. Así mesmo, as Irmandades Femininas (creadas na Coruña en 1919 como parte dos colectivos galeguistas), recolleron entre os seus obxectivos a reivindicación do sufraxio feminino.
Bibliografía recomendada:
Freire Lestón, Xosé Vicenzo. Lembranzas dun mundo esquecido. Muller, política e sociedade na Galicia Contemporánea 1900-1936. Santiago: Laiovento, 1993.
Marco, Aurora. Irmandiñas. Santiago: Edicións Laiovento, 2021.
Mayobre Rodríguez, Purificación e De Jesús Rodríguez, María Elena. Xénero e política. Santiago: Tórculo, 1997.
Matematizando a Historia: as barreiras infinitas impostas ás mulleres
No IES Gregorio Fernández inauguramos unha exposición sobre as barreiras infinitas impostas ás mulleres galegas ao longo do tempo (e sobre...
-
Na conmemoración do Día da Poesía en Sarria (dedicado ao noso querido compañeiro Eduardo Rei) teremos este ano a sorte de contar coa prese...
-
Hoxe tivemos a sorte de contar no noso instituto coa presenza de tres xuíces/as e maxistrados/as galegos: Sandra Piñeiro Vilas, xuíza e ma...
-
Durante o século XVIII, a chegada da Ilustración —principalmente en Francia— daeu lugar á aparición de novas correntes de pensamento que col...







