sábado, 26 de novembro de 2022

Entrevista en Radio Bolboreta sobre a violencia de xénero

 



Escoita no seguinte enlace a entrevista a tres xuíces e xuízas galegos con motivo da celebración do Día Internacional Contra a  Violencia de Xénero: Dalila Dopazo Blanco (maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Lugo) Sandra Piñeiro Vilas (maxistrada do Xulgado de Instrución número 2 de Lugo) e Luís Villares (maxistrado na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia).

https://www.ivoox.com/entrevista-maxistrados-25n-audios-mp3_rf_96990682_1.html

luns, 21 de novembro de 2022

Charla sobre a violencia de xénero

Tres xuíces e xuízas galegos impartiron unha charla sobre a violencia de xénero no IES Gregorio Fernández: Sandra Piñeiro (Xulgado de Instrución número 2 de Lugo), Dalila Dopazo (Xulgado do Social número 3 de Lugo) e Luis Villares (maxistrado na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia).

Esta charla titulouse: “verdades e mentiras sobre a violencia de xénero”, e nela falouse da lexislación actual relativa a esta lacra e sobre os bulos ou mentiras que ás veces se escoitan sobre este problemática.

Moitas grazas aos tres por poder desfrutar de un acto tan interesante!









 

martes, 11 de outubro de 2022

O 11 de outubro é o Día Internacional da Nena

 


Todos os nenos e nenas do mundo deberían de ter o dereito a selo, a vivir esa felicidade pura que só emana da inocencia e á que tantas veces recurrimos os/as adultos para poder sanar as tristezas que trae o paso do tempo.

As nenas son aínda máis vulnerables e en numerosos países do mundo están en risco de ser explotadas ou vexadas, sen contar con recursos para poder defenderse. A loita contra esta inxustiza debe de estar sempre presente na nosa sociedade, nas nosas mans está o seu combate! 


xoves, 6 de outubro de 2022

O 7 de outubro é o día mundial do sorriso

 

No século XVIII a Ilustración proclamaba o dereito das persoas a alcanzar a felicidade. Esta afirmación, malia deixar fóra ás mulleres, tería unha gran transcendencia, pois contradicía aos principios tradicionais baixo os cales o sufrimento, a abnegación e o sacrificio eran valores que achegaban aos individuos ao paraíso alén da vida (e que só se aplicaba para as clases baixas e a metade feminina da sociedade).

En todo caso, sorrir vai máis aló dun simple xesto ou de ser a expresión da alegría,  é unha combinación de física e química que nos empuxa a seguir cara adiante, a non rendernos ante a adversidades, a loitar por unha sociedade máis igualitaria.

Pon un sorriso na túa boca!


luns, 3 de outubro de 2022

O 2 de outubro conmemórase o Día Internacional da Non Violencia


Entre as agresións físicas ou psíquicas que se producen entre os seres humanos está a violencia de xénero. Esta fai referencia ás actuacións violentas contra as mulleres promovidas pola cultura patriarcal aínda existente na nosa sociedade, que supón un atentado tanto contra a integridade física ou moral das persoas como contra o dereito á igualdade entre os sexos.

Desde o IES Gregorio Fernández estamos comprometidos coa loita contra esta lacra, que cada ano deixa numerosas vítimas tanto en Galicia como noutras partes do mundo. A educación é un piar esencial na construción dun mundo sen violencia de xénero!

 

Matematizando a Historia: as barreiras infinitas impostas ás mulleres

  No IES Gregorio Fernández inauguramos unha exposición sobre as barreiras infinitas impostas ás mulleres galegas ao longo do tempo (e sobre...