O alumnado da Ensinanza Secundaria de Adultos do Ámbito Social realizou unha indagación, enmarcada no Plan Proxecta+ “Donas de Si”, orientada á análise da proxección na opinión pública galega da discriminación das mulleres no ordenamento xurídico na Idade Contemporánea, especialmente a través de noticiarios ou xornais editados na provincia de Lugo.
Así mesmo, outro obxectivo deste traballo foi a
observación do comportamento dos medios de comunicación galegos a respecto das
primeiras accións sociais feministas no século XIX e o primeiro terzo do XX,
tanto en Galicia como como no entorno occidental.
En relación ás fontes de información, recorreuse
principalmente aos fondos da Biblioteca Dixital de Galicia, na que podemos
consultar numerosas publicacións galegas deste período. Tamén destacou nesta
indagación o emprego dos arquivos do INE, da Biblioteca Digital Hispánica ou
dos recursos do Consello da Cultura Galega.









Ningún comentario:
Publicar un comentario