O IES Gregorio Fernández levou a cabo
diversas actividades para conmemorar o 25 de Novembro, Día Internacional da
Eliminación da Violencia contra a Muller. Entre elas, no marco do Plan
Proxecta+ titulado “Por 365 días de respecto e igualdade”, elaborouse unha
exposición didáctica sobre o tratamento histórico da violencia de xénero desde
o punto de vista político ou xurídico, e un concurso de carteis (que contou
cunha alta participación entre o alumnado de todo o centro) cun slogan alusivo
ao lema “A educación é a mellor arma contra a violencia de xénero.” Na
organización destas actividades participaron membros/as dos departamentos de Administración,
Electricidade e Electrónica, FOL, Francés, Instalación e Mantemento, Lingua
Castelá e Literatura, Lingua Galega, Música e Xeografía e Historia.
Así mesmo, tamén dentro deste Plan
Proxecta+, o alumnado da Educación Secundaria de Adultos do IES Gregorio
Fernández de Sarria elaborou un pequeno estudo sobre o grao de coñecemento por
parte dos homes e mulleres da contorna de Sarria sobre o significado da
“violencia de xénero” e sobre as mudanzas lexislativas que se deron a este
respecto na Idade Contemporánea.






Ningún comentario:
Publicar un comentario