sábado, 1 de outubro de 2022

O 1 de outubro conmemoramos a aprobación do dereito ao voto das mulleres

Se ben xa na Constitución de 1812 aparece recollido o sufraxio universal masculino (indirecto), até o 1 de outubro de 1931 (durante a II República) as mulleres non viron recoñecido o seu dereito ao voto en España.

Entre as causas desta transcendental mudanza lexislativa estaría a actuación de todas esas voces e accións que loitaron contra a discriminación política das mulleres, entre as que estarían figuras como María Espinosa, Clara Campoamor ou Elisa Soriano.

En Galicia sería pioneira a defensa do dereito ao voto das mulleres do catedrático da USC Salvador Parga Torreiro, no discurso que inauguraba o curso 1870-1871 da Universidade de Santiago. Así mesmo, as Irmandades Femininas (creadas na Coruña en 1919 como parte dos colectivos galeguistas), recolleron entre os seus obxectivos a reivindicación do sufraxio feminino.

Bibliografía recomendada:

Freire Lestón, Xosé Vicenzo. Lembranzas dun mundo esquecidoMuller, política e sociedade na Galicia Contemporánea 1900-1936. Santiago: Laiovento, 1993.

Marco, Aurora. Irmandiñas. Santiago: Edicións Laiovento, 2021.

Mayobre Rodríguez, Purificación e De Jesús Rodríguez, María Elena. Xénero e política. Santiago: Tórculo, 1997.




                                                              La Integridad, 8-10-1920

                                                   La Correspondencia Gallega, 21-7-1908

                                                                  A Nosa Terra, 25-1-1920






mércores, 28 de setembro de 2022

O 16 de setembro celebramos o nacemento de Emilia Pardo Bazán

 



O 16 de setembro conmemórase o nacemento de Emilia Pardo Bazán, galega pioneira nas loitas contra discriminación das mulleres desde fins do século XIX. Entre moitas outras actuacións, Emilia defendeu con valentía a eliminación da tutela legal dos esposos sobre as súas cónxuxes, que convertía ás mulleres en menores de idade vitalicias.

Observemos como se critica na prensa galega da época (“Feminismo”. El Áncora. Diario católico de Pontevedra, núm. 935. 19 dec. 1900, p. 1unha das súas intervencións públicas en defensa da reforma da lexislación vixente en materia de igualdade entre homes e mulleres:

“A pesar de lo que parece significar este exótico sustantivo, el feminismo es lo menos femenino que han inventado las mujeres (…). Introductora de esta nueva calamidad, e introductora de más nombre, aunque no diré de más valor ni de más éxito (…). Se ha hecho doña Emilia Pardo Bazán, que escribe en El Imparcial la crónica de la Exposición de París. En la cual crónica ha dedicado un artículo a reseñar un congreso feminista y comunicar las impresiones que sacó de él (…). Desde la coeducacuón, que es la enseñanza sin separación de sexos, hasta la reforma de las leyes relativas a la constitución de la familia, y desde la investigación de la paternidad hasta la admisión de la mujer en el desempeño de las funciones y cargos públicos (…). Doña Emilia asistió al Congreso, donde no hubo otra española, lo cual es un consuelo (…). A los católicos (…) nos obliga a prevenirnos contra tan espantosa calamidad, advirtiendo a todo el mundo el horror y malicia de tales ideas.”

Bibliografía recomendada:

Negre Carasol, José Luis. Feminismo y naturalismo, Emilia Pardo Bazán. Zaragoza, 2006.

Charques Gámez, Rocío. Los artículos feministas en el Nuevo Teatro Crítico de Emilia Pardo Bazán. Alacant: Centro de Estudios sobre la Mujer, 2003.


O 21 de setembro é o día Internacional da Paz

 


Nesta data conmemorase en todo o mundo o día contra a discriminación e o racismo. A este respecto, cómpre lembrar que as primeiras asociacións feministas creadas en Estados Unidos a principios do século XIX uniron a súa loita ás sublevacións contra a discriminación racial, nunha etapa na que o colonianismo alcanzaba a súa máxima expresión (co reparto de África e Asia entre as principais potencias mundiais).

Neste sentido, as dúas mulleres pioneiras no artellamento do movemento feminista: Lucretia Molt (1793-1870) e Elizabeth Cady Stanton (1815-1902), comezaron as súas actuacións públicas arredor  da Sociedade Americana pola Erradicación da Escravitude. Así e todo, o feito de que se non se recoñecese o seu dereito ao voto I Convención Mundial desta agrupación (1840), daría lugar á súa saída deste colectivo.


sábado, 14 de maio de 2022

A discriminación de xénero na Idade Contemporánea. O caso da provincia Lugo.

O alumnado da Ensinanza Secundaria de Adultos do Ámbito Social realizou unha indagación, enmarcada no Plan Proxecta+ “Donas de Si”, orientada á análise da proxección na opinión pública galega da discriminación das mulleres no ordenamento xurídico na Idade Contemporánea, especialmente a través de noticiarios ou xornais editados na provincia de Lugo.

Así mesmo, outro obxectivo deste traballo foi a observación do comportamento dos medios de comunicación galegos a respecto das primeiras accións sociais feministas no século XIX e o primeiro terzo do XX, tanto en Galicia como como no entorno occidental.


En relación ás fontes de información, recorreuse principalmente aos fondos da Biblioteca Dixital de Galicia, na que podemos consultar numerosas publicacións galegas deste período. Tamén destacou nesta indagación o emprego dos arquivos do INE, da Biblioteca Digital Hispánica ou dos recursos do Consello da Cultura Galega.


Finalmente, desde o punto de vista da organización dos contidos, dividiuse este traballo en tres ámbitos de especial significación social: a loita pola igualdade política, a discriminación laboral das mulleres ou a perpetuación dos roles tradicionais de xénero no sistema educativo.

Algúns dos documentos hemerográficos encontrados polo alumnado da ESA foron os seguintes:

El Áncora, 19-12-1904


El Áncora, 23-08-1904


El Áncora, 24-09-1898

El Áncora, 26-10-1898


El Centro Galaico, 22-10-1892



El Compostelano, 10-08-1923



El Progreso, 9-5-1931



El Progreso, 25-06-1931









Xincana matemática “As pioneiras”



O Departamento de Matemáticas levou a cabo a xincana "As Pioneiras" en conmemoración do Día das Matemáticas o 14 de marzo, actividade enmarcada dentro do Plan Proxecta+ “Donas de Si”.

A xincana consistiu na realización dunha serie de problemas que os alumnos e alumnas debían de atopar primeiro, cunha temática vinculada ás mulleres pioneiras nas matemáticas. Este foi o caso da galega María Wonemburger e a aragonesa Andresa Casamayor, así como doutras figuras alén do Estado español como Hipatia de Alejandría ou Ada Lovelace.

Entrevista á escritora Olga Novo, Premio Nacional de Poesía



poeta Olga Novo, Premio Nacional de Poesía, impartiu una conferencia no IES Gregorio Fernández baixo o título “Ler para soñar. Escribir para vivir”, enmarcada dentro das actividades do Plan Proxecta+ “Donas de Si” do Departamento de Lingua Castelá e Literatura.

Así mesmo, Olga Novo participou nun programa de radio co alumnado de 1º de Bacharelato da materia de Literatura Universal.

Foi todo un privilexio poder escoitar a esta afamada escritora, que quedará sempre presente na memoria do noso centro.

Charla-coloquio: “O papel da muller traballadora na nosa contorna”



Desde o Departamento de FOL organizouse unha interesante charla-coloquio sobre “O papel da muller traballadora na nosa contorna”, dentro das actividades do Plan Proxecta+ “Donas de Si”.

Esta charla-coloquio contou coa participación de diversas mulleres de Sarria de distintas ramas profesionais.

Matematizando a Historia: as barreiras infinitas impostas ás mulleres

  No IES Gregorio Fernández inauguramos unha exposición sobre as barreiras infinitas impostas ás mulleres galegas ao longo do tempo (e sobre...