O IES Gregorio Fernández encheuse de poemas este mes de febreiro como
celebración do “Día da Candeloria”, e foron moitos os alumnos e alumnas que
participaron no noso concurso de poesía titulado “Quéreme ben”, convocado no
marco do Proxecta+ “Por 365 días de respecto e igualdade”.
mércores, 12 de febreiro de 2025
Celebramos o "Día da Candeloria" baixo o lema "Quéreme ben"
mércores, 15 de xaneiro de 2025
Traballamos coas unidade didácticas: “Á violencia de xénero dille non” e “Cartas de amor: 15 artistas contra a violencia de xénero”
O alumnado dalgúns cursos está a traballar coas unidades didácticas: “Á violencia de xénero dille non” (elaborada pola Secretaría de Igualdade da Xunta
de Galicia) e “Cartas de amor: 15 artistas contra a violencia de xénero” (de Gloria
Isabel Serrato Azat). A través dela pretendemos contribuír a erradicar a lacra
da violencia de xénero e fomentar entre o noso alumnado relacións afectivas sas
e libres de humillacións, manipulacións, abusos ou chantaxes emocionais.
venres, 10 de xaneiro de 2025
Chapas contra a violencia de xénero
O Departamento de Lingua Galega do IES Gregorio Fernández elaborou unhas
chapas co obxecto de reflexionar sobre a lacra da violencia de xénero, así como
de homenaxear e apoiar ás súas vítimas. Este Departamento forma parte do
Plan Proxecta+ “Por 365 días de respecto e igualdade” 2024/2025.
luns, 25 de novembro de 2024
25 de Novembro. Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres
O IES Gregorio Fernández levou a cabo
diversas actividades para conmemorar o 25 de Novembro, Día Internacional da
Eliminación da Violencia contra a Muller. Entre elas, no marco do Plan
Proxecta+ titulado “Por 365 días de respecto e igualdade”, elaborouse unha
exposición didáctica sobre o tratamento histórico da violencia de xénero desde
o punto de vista político ou xurídico, e un concurso de carteis (que contou
cunha alta participación entre o alumnado de todo o centro) cun slogan alusivo
ao lema “A educación é a mellor arma contra a violencia de xénero.” Na
organización destas actividades participaron membros/as dos departamentos de Administración,
Electricidade e Electrónica, FOL, Francés, Instalación e Mantemento, Lingua
Castelá e Literatura, Lingua Galega, Música e Xeografía e Historia.
Así mesmo, tamén dentro deste Plan
Proxecta+, o alumnado da Educación Secundaria de Adultos do IES Gregorio
Fernández de Sarria elaborou un pequeno estudo sobre o grao de coñecemento por
parte dos homes e mulleres da contorna de Sarria sobre o significado da
“violencia de xénero” e sobre as mudanzas lexislativas que se deron a este
respecto na Idade Contemporánea.
Matematizando a Historia: as barreiras infinitas impostas ás mulleres
No IES Gregorio Fernández inauguramos unha exposición sobre as barreiras infinitas impostas ás mulleres galegas ao longo do tempo (e sobre...
-
Na conmemoración do Día da Poesía en Sarria (dedicado ao noso querido compañeiro Eduardo Rei) teremos este ano a sorte de contar coa prese...
-
Hoxe tivemos a sorte de contar no noso instituto coa presenza de tres xuíces/as e maxistrados/as galegos: Sandra Piñeiro Vilas, xuíza e ma...
-
Durante o século XVIII, a chegada da Ilustración —principalmente en Francia— daeu lugar á aparición de novas correntes de pensamento que col...


































