venres, 20 de outubro de 2023
xoves, 2 de marzo de 2023
Palestra da profesora da facultade de Veterinaria Ruth Rodríguez Bermúdez: "As mulleres nas ciencias"
O sistema educativo xoga un papel esencial na
erradicación da discriminación de xénero. Desde o punto de vista dos estudos
universitarios, a matriculación das primeiras mulleres na universidade supuxo
unha importante ferramenta de loita contra todas aquelas voces que
tradicionalmente cuestionaban a capacidade intelectual destas.
Porén, en Galicia até 1896 non se matricula por
primeira vez unha alumna na Universidade de Santiago (na facultade de Farmacia),
que remataría a súa licenciatura en 1901. Nos anos seguintes o número de
alumnas universitarias iría incrementándose moi lentamente, até supoñer un 8%
do total do alumnado segundo o Anuario de 1934 (no contexto da II República).
Así mesmo, a instauración da II República (1931-1936)
daría lugar a un importante progreso noutros niveis educativos, reducíndose
significativamente o número de analfabetas (que pasou dun 69% a comezos do
século XX a un 35% a finais do período republicano).
De igual xeito, no camiño cara a destrución dos roles
tradicionais de xénero, cómpre destacar a importancia da reforma educativa elaborada
durante o período republicano, coa implantación por primeira vez na historia do
Estado español dun ensino completamente laico e da liberdade de Cátedra, así
como da coeducación dos nenos e nenas equiparándose os seus itinerarios
formativos.
Non obstante, todas estas conquistas veríanse
interrompidas co estalido en 1936 da Guerra Civil e coa posterior instauración
da ditadura franquista. Así, ademais da dura represión que afectou a numerosos
docentes e a reconstrución dos contidos educativos para a súa adaptación aos principios
da ditadura, eliminaríase a coeducación entre nenos e nenas ou a equidade nos
itinerarios formativos.
Nos anos 70, nun contexto de apertura ao exterior e de
importantes mudanzas sociais, promulgouse a Lei Villar Palasí coa creación da Educación
Xeral Básica e do ensino obrigatorio ata os 14 años para ambos sexos. Tras a
EXB accedíase ao Bacharelato Unificado e Polivalente (BUP) e superado este ao denominado
Curso de Orientación Universitaria (COU), como paso previo á universidade.
Esta reforma educativa supuxo un importante salto cuantitativo e cualitativo na formación das mulleres, e a partir dos anos 90 a porcentaxe de alumnas universitarios superaba aos alumnos nas tres universidades públicas galegas. Así e todo, a perpetuación dos roles tradicionais de xénero daría lugar a que a presenza das mulleres nas carreiras científicas ou técnicas seguise a ser moi minoritaria, tendencia que comeza a racharse nos últimos anos.
venres, 3 de febreiro de 2023
sábado, 26 de novembro de 2022
Entrevista en Radio Bolboreta sobre a violencia de xénero
Escoita no seguinte enlace a entrevista a tres xuíces e xuízas galegos con
motivo da celebración do Día Internacional Contra a Violencia de Xénero: Dalila Dopazo Blanco (maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Lugo)
Sandra Piñeiro Vilas (maxistrada do Xulgado de Instrución número 2 de Lugo) e Luís
Villares (maxistrado na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior
de Xustiza de Galicia).
https://www.ivoox.com/entrevista-maxistrados-25n-audios-mp3_rf_96990682_1.html
luns, 21 de novembro de 2022
Charla sobre a violencia de xénero
Tres xuíces e xuízas galegos
impartiron unha charla sobre a violencia de xénero no IES Gregorio Fernández: Sandra
Piñeiro (Xulgado de Instrución número 2 de Lugo),
Dalila Dopazo (Xulgado do Social número 3 de Lugo) e Luis Villares (maxistrado
na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de
Galicia).
Esta charla titulouse:
“verdades e mentiras sobre a violencia de xénero”, e nela falouse da
lexislación actual relativa a esta lacra e sobre os bulos ou mentiras que ás
veces se escoitan sobre este problemática.
Moitas grazas aos tres
por poder desfrutar de un acto tan interesante!
martes, 11 de outubro de 2022
O 11 de outubro é o Día Internacional da Nena
Todos os nenos e nenas do mundo deberían de ter o dereito
a selo, a vivir esa felicidade pura que só emana da inocencia e á que tantas
veces recurrimos os/as adultos para poder sanar as tristezas que trae o paso do
tempo.
As nenas son aínda máis vulnerables e en numerosos países
do mundo están en risco de ser explotadas ou vexadas, sen contar con recursos
para poder defenderse. A loita contra esta inxustiza debe de estar sempre
presente na nosa sociedade, nas nosas mans está o seu combate!
Matematizando a Historia: as barreiras infinitas impostas ás mulleres
No IES Gregorio Fernández inauguramos unha exposición sobre as barreiras infinitas impostas ás mulleres galegas ao longo do tempo (e sobre...
-
Na conmemoración do Día da Poesía en Sarria (dedicado ao noso querido compañeiro Eduardo Rei) teremos este ano a sorte de contar coa prese...
-
Hoxe tivemos a sorte de contar no noso instituto coa presenza de tres xuíces/as e maxistrados/as galegos: Sandra Piñeiro Vilas, xuíza e ma...
-
Durante o século XVIII, a chegada da Ilustración —principalmente en Francia— daeu lugar á aparición de novas correntes de pensamento que col...







