domingo, 17 de abril de 2022

Actividades no IES Gregorio Fernández arredor do 8 de marzo no curso 2021-2022

Arredor do 8 de marzo realizáronse no IES Gregorio Fernández diversas actividades, orientadas a dar visibilidade á discriminación que sufriron e sofren as mulleres en todo o mundo e a promover o seu empoderamento fronte a estes agravios.

Entre estas actividades estivo a convocatoria dun concurso de debuxo para deseñar a ilustración dunhas bolsas, que posteriormente se imprimiron en conmemoración desta data simbólica. O lema proposto foi “igualdade a saco”.


Así mesmo, colocouse no vestíbulo do centro un photocall no que os alumnos e alumnas puideron emular o histórico cartel co lema We Can Do It! creado na II Guerra Mundial, e o seu homólogo en galego “Imos facelo”.

 



Pola súa parte, desde o Departamento de FOL elaboráronse unhas actividades nas que se indagou e debateu sobre diversas medidas de conciliación da vida familiar e laboral na actualidade. Finalmente, realizáronse unha serie de carteis divulgativos nos que se explicaba a importancia social dalgunhas destas medidas: 









Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os versos dalgúns dos nosos escritores e escritoras escóitanse en voz alta na celebración do Día da Poesía.

O pasado mércores 18 de marzo celebramos o Día da Poesía, que en Sarria está dedicado ao noso querido compañeiro Eduardo Rey. Todos os centr...