domingo, 17 de abril de 2022

Que se conmemora o 8 de marzo?



O 8 de marzo celébrase o Día Internacional da Muller, en recoñecemento do seu importante papel na sociedade e en denuncia da discriminación que sufriron as mulleres ao longo da historia (e que en moitos aspectos aínda está presente).

En relación á orixe desta data simbólica, fálase de diversos acontecementos. Entre eles estarían os sucesos do 8 de marzo de 1875, no que unha manifestación das traballadoras dunha fábrica téxtil estadounidense en demanda da igualdade salarial a respecto dos homes foi brutalmente reprimida, co resultado de 120 operarias asasinadas.

Pola súa parte, outro fito destacado da historia desta data sitúanos no contexto da mobilizacións feministas arredor da Revolución Rusa, que deron lugar a que un 23 de febreiro (que no calendario gregoriano se corresponde co 8 de marzo) fose aprobado o voto feminino.

En España, a ditadura franquista impediría a celebración desta data e até fins dos anos 70 non se autorizaron as primeiras manifestacións de mulleres vinculadas ás mobilizacións arredor do 8 de marzo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os versos dalgúns dos nosos escritores e escritoras escóitanse en voz alta na celebración do Día da Poesía.

O pasado mércores 18 de marzo celebramos o Día da Poesía, que en Sarria está dedicado ao noso querido compañeiro Eduardo Rey. Todos os centr...