O Departamento de Lingua Galega
(participante no Plan Proxecta+ “Donas de si”) realizou, co obxecto de conmemorar
o día dedicado a Rosalía de Castro, unhas orixinais chapas que xogan co nome
desta escritora. Parabéns polo traballo realizado!
O Departamento de Lingua Galega
(participante no Plan Proxecta+ “Donas de si”) realizou, co obxecto de conmemorar
o día dedicado a Rosalía de Castro, unhas orixinais chapas que xogan co nome
desta escritora. Parabéns polo traballo realizado!
No marco do Plan Proxecta+ “Donas de
si”, en colaboración co Equipo de Dinamiación da Lingua Galega, convocamos o concurso titulado “Tunea a Rosalía” (co gallo da celebración
do día dedicado a esta autora, o 23 de febreiro), no que o alumnado elaborou
diferentes ilustracións ou representacións do rostro de Rosalía empregando unha
técnica de libre elección.
Hoxe instalamos no vestíbulo do
edificio 100 unha mostra destes traballos, cos que homenaxeamos a unha muller
clave na loita feminista, así como varios carteis que anuncian a próxima
conmemoración do 8 de marzo (para o que xa temos preparadas diversas sorpresas).
Queremos lembrar que esta figura
fundamental da cultura da nosa terra rachou, tanto na súa vida como na súa
obra, co paradigma de muller “ideal” submisa e abnegada propio da súa
época. Nun contexto histórico no que as mulleres estaban relegadas a un papel
de submisión á vontade dos varóns en todos os ámbitos públicos e privados,
Rosalía participou activamente nos círculos intelectuais e políticos,
intervindo nos debates culturais e sociais do seu tempo.
Na súa traxectoria vital defendeu a
independencia das mulleres e que estas expresasen libremente as súas
inquedanzas. Así mesmo, cuestionou os estereotipos de xénero tradicionais e denunciou
as inxustizas que afectaban á nosa terra. É así un exemplo de coraxe e
valentía, que hoxe en día continúa a inspirar as novas xeracións na defensa da
emancipación das mulleres e na loita contra as aldraxes e inxustizas que
padecen.
As dúas guerras mundiais do século XX (1914-1928 e 1939-1945), conforman dous
dos episodios máis dramáticos da Idade Contemporánea, que deixaron tras de si
millóns de vítimas mortais e terribles secuelas físicas e psicolóxicas.
Porén, segue a ser necesaria unha reconstrución da súa historia, xa que o
relato tradicional sobre estes sucesos esqueceu o papel neles das mulleres.
Así, estas participaron tanto nos
combates armados como noutros ámbitos sociais ou económicos de gran relevancia.
Neste sentido, elas tamén estiveron nos frontes de batalla (sufriron na súa
propia carne os atroces padecementos asociados ás guerra) e ocuparon, ante a
marcha dos varóns, os postos máis decisivos na produción industrial ou
agrícola.
Desde o Ámbito Social da ESPA queremos homenaxear a estas mulleres e, co
noso costume de achegar o museo á aula, o alumnado puido tocar e mesmo probarse
un casco usado na II Guerra Mundial.
Participa con nós e crea un lema que motive a aprender! Que fomente a creación de sociedades máis xustas e igualitarias. As túas palabras engalanarán a nosa escada!
Desde o Equipo de Dinamización da
Lingua Galega do IES Gregorio Fernández felicitamos as festas en todas as
linguas do noso alumnado incluíndo, por suposto, o idioma galego.
Tamén, aprobeitamos para lembrarnos novamente da
figura dunha das primeiras aventureiras galegas: Exeria. Muller políglota e de gran cultura, no século IV realizaría unha longa viaxe a Terra Santa, que sería recollida no seu diario titulado Peregrinatio.
O movemento obreiro foi nos século XIX e XX un puntal clave na paulatina
consecución dos dereitos que se foron recoñecendo ao longo da Idade
Contemporánea aos traballadores e traballadoras. Durante a Revolución
Industrial, as condicións de vida do proletariado eran extremadamente duras:
longuísimas xornadas de traballo (era común que alcanzasen as 14 horas
diarias), salarios ínfimos, falta de hixiene e de proteción ante os riscos
laborais, despido libre, ausencia do dereito de asociación ou explotación
infantil.
Ante esta situación, algúns obreiros e obreiras emprenderon valentes
e arduas protestas, cuxa suma sería fundamental nas mudanzas lexislativas que
se foron sucedendo até a actualidade, aínda que cunha evolución moi lenta ante
os atrancos da alta burguesía.
No caso das mulleres, a situación sería aínda máis dramática, xa que
ademais de padecer tamén unhas condicións de traballo infrahumanas (e facerse
cargo en exclusiva das tarefas domésticas e do coidado dos fillos e fillas),
estaban fortemente discriminadas con respecto aos varóns, sendo común que
cobrasen 1/3 ou a metade do salario que se lle pagaba aos seus compañeiros, que
sufrisen todo tipo de abusos nos espazos laborais, a apertura de inxustos
expedientes ante calquera denuncia das aldraxes que padecían ou o despido das
traballadoras encintas.
En Galicia, no mes de decembro de 1857 produciríase unha das primeiras mobilización
protagonizadas polas obreiras, coas protestas das cigarreiras da Real Fábrica
de Tabacos da Coruña. Esta
fábrica chegou a empregar arredor de 4.000 mulleres, sometidas a condicións
laborais especialmente duras, caracterizadas por salarios moi baixos, longas
xornadas de traballo e unha elevada precariedade. O desencadeante desta
protesta, de natureza ludita, foi a incorporación de novas máquinas de picadura
que diminuían de maneira significativa a demanda de man de obra. Este
episodio, xunto con outras mobilizacións femininas, sería posteriormente
retratado por Emilia Pardo Bazán na súa novela La Tribuna (1883).
No Estado español, as primeiras leis que prohibiron os agravios de xénero
no ámbito laboral non foron promulgadas até a II República (1931-1936), co
recoñecemento pola Constitución de 1931, por primeira vez na historia, da
interdición da discriminación por razón de sexo e do dereito das mulleres a
acceder a calquera tipo de ocupación.
Porén, as mentalidades sociais terían unha evolución aínda máis lenta, e os
medios de comunicación deste período fanse eco do menosprezo cara a forza de
traballo das mulleres e da normalización da figura do home como sustentador
principal e prioritario da economía doméstica (considerándose o traballo das
mulleres como algo sempre auxiliar e complementario en casos de extrema
necesidade).
No Ámbito Social da ESPA traballamos con este documento publicado en El
Progreso en decembro de 1931, elaborado polo recoñecido médico galego
Enrique Calvar e recollido nunha investigación realizada polo noso alumnado de
adultos no curso 2021-22.
“El avance del feminismo -en todos los
aspectos que se le considere- es en nuestro entender un daño que se le hace a
la humanidad, daño que a la larga se traducirá por trastornos tan intensos (…)
La mujer no sólo se diferencia del hombre por su aparato genital (…) realmente
todo el organismo femenino está supeditado a la función de la reproducción (…)
La psiquis femenina- por más que se pretenda- no podrá nunca parangonarse con
la del varón, hasta el punto de que aquellas mujeres que intelectualmente alcanzaron
elevadas tallas, deben este privilegio a lo que en sus estructuras llevan de
hombre (…) La mujer pura -la feminidad por excelencia- es un tipo de mujer que
no soporta sin graves trastornos un trabajo intelectual, enojoso, ni un
obrerismo pesado y que responde enseguida con alteraciones orgánicas.”[1]
Señorans
Calvar, Enrique. “Temas médicos. Obrerismo femenino”, El Progreso, núm.
348. 2 dec. 1931, p. 1.
[1] Señorans Calvar, Enrique. “Temas médicos. Obrerismo
femenino”, El Progreso, núm. 348. 2 dec. 1931, p. 1.
No IES Gregorio Fernández inauguramos unha exposición sobre as barreiras infinitas impostas ás mulleres galegas ao longo do tempo (e sobre...